Relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os e lista de agarda para o curso 2022/23 nas escolas infantís do Consorcio
Mércores 1 de xuño do 2022
A relación definitiva de persoas admitidas e da lista de agarda, para o curso 2022/23, nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, poderán consultarse desde o día 31 de maio nas páxinas web: http://politicasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org, así como nos respectivos centros.
O prazo para formalizar a matrícula, que se poderá realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta. gal ou no centro onde se obtivese a praza, é de 8 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, para o que deberá achegar a seguinte documentación:
- Impreso de matrícula cuberto
- Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena