Benestar

Benestar

Departamento de Servizos Sociais
[Antigo Ambulatorio] 
Praza do Médico Eduardo Mariño, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 706

Convocatoria de axudas para o pago de subministracións enerxéticas no concello de Carballo para o ano 2021

Venres 5 de novembro do 2021

Con data 25 de outubro aprobáronse en Xunta de Goberno Local as bases reguladoras para a concesión de axudas para o pago de subministros enerxéticos destinadas ás familias máis vulnerables e/ou en risco de exclusión social ante a imparable subida do prezo da enerxía eléctrica e do gas.

Poderán ser beneficiarios/as destas axudas as persoas que cumpran os seguintes requisitos xerais:
a) Persoas maiores de 18 anos ou menores emancipados/as.
b) Empadroadas en Carballo nos últimos 6 meses.
Ademais destes dous requisitos deben cumprir alomenos un destes:
c) Ser beneficiarias do Bono Social de Electricidade das diferentes comercializadoras de electricidade.
d) Recibir durante o ano 2021, alomenos, 6 meses de osixenoterapia domiciliaria.
e) Recibir durante o ano 2021, alomenos, 6 meses de diálese peritoneal domiciliaria.

Para o financiamento das subvencións obxecto desta convocatoria destínanse 60.000 euros. A subvención á que poderán acceder as persoas solicitantes será de 200 euros, nun único pago.

O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia a través da BDNS.

Descargas

Compartir: