Inicio Carballo ao día Axenda Alexandre Grande Babarro ofrecerá unha...

Alexandre Grande Babarro ofrecerá unha charla sobre "permacultura" no Casino 1889

Sábado 8 de febreiro do 2020 19.00 horas - Casino 1889 Participación veciñal

Coñeces a permacultura? Sabes como utilizala para levar unha vida máis sustentable? Pois achégate o sábado 8 ao Casino 1889 e non perdas detalle da charla que ofrecerá o autor Alexandre Grande Babarro, co-fundador da asociación sociocultural Ecolectivo, dedicada á formación e divulgación de temas relacionados coa ecoloxía e o medio ambiente, e autor de "Permacultura. Unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor", o primeiro libro sobre permacultura en galego, publicado por Catro Ventos Editora.

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde ata completar aforo
Organiza: Casino 1889

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D