Inicio Carballo ao día Axenda Xuntanza veciñal para abordar o plan de...

Xuntanza veciñal para abordar o plan de mellora da zona dos Baños Vellos

Martes 14 de xaneiro do 2020 19.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

A Concellaría de Planificación e Mobilidade Urbana está a traballar nun Plan director para a mellora do espazo público urbano e da mobilidade na zona dos Baños Vellos coa intención de dar resposta, dende o punto de vista do urbanismo e da accesibilidade, ás especiais características do amplo e emblemático ámbito urbano comprendido entre as rúas Enrique Sánchez, Ánxel Fole, Ponte, Camiño Novo, Vázquez de Parga e Perú.

Despois dos traballos de campo e das enquisas realizadas no comercio, chega o momento de abrir o proxecto á participación veciñal. Con esa intención, para este martes 14, ás 19.00 horas, está convocada na Biblioteca Rego da Balsa unha xuntanza aberta na que se ofrecerá información sobre o proxecto, debateranse os problemas que afectan á zona e abordaranse as posibilidades de mellora que ten este ámbito de cara ao futuro.

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4