Inicio Carballo ao día Axenda O escritor Manuel Miragaia presenta o seu...

O escritor Manuel Miragaia presenta o seu último libro "Galeguia"

Domingo 22 de decembro do 2019 12.00 horas - Casino 1889 Participación veciñal

O escritor e profesor Manuel Miragaia presentará no Casino 1889 o seu último traballo "Galeguia", un libro de poemas que xira arredor das relacións históricas entre a Galiza e Portugal. Trátase dunha obra mitolóxica e histórica, que “recolle o pasado e sintetiza as ideas principais coas que se conformou o galeguismo desde o século XIX ata a actualidade”.

Tras a intervención do autor, terá lugar un pequeno coloquio e a lectura dalgúns dos poemas da obra "A Galiza e Portugal através da história. As relacións históricas entre Galiza e Portugal".

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Casino 1889

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4