Inicio Carballo ao día Axenda Xornada técnica para profesionais e...

Xornada técnica para profesionais e afeccionados ao teatro con Camiño Escena Norte

Mércores 9 de outubro do 2019 De 10:00 a 19:30 h - Salón de actos Pazo da Cultura Cultura

O FIOT abre de novo as súas portas aos profesionais das artes escénicas e ás estruturas creativas e de produción. Enmarcada no proxecto de Escena Galega, terá lugar a xornada “Artes escénicas e interculturalidade: o Camiño como conector e vertebrador de diversidades culturais”.

Escena Norte Idea Carballo é unha xornada para o encontro de creadores e creadoras no eido das artes escénicas de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi para reflexionar sobre a situación da dramaturxia, a promoción e difusión de creacións en linguas distintas ao castelán e a colaboración artística. Máis de vinte dramaturgos/as e creadores/as traballarán conxuntamente, ao longo da mañá, nunha sesión técnica que dará paso a unha dinámica experimental de creación colectiva entre profesionais da dramaturxia e alumnos/as, dirixida a xerar e mostrar varios proxectos escénicos arredor da temática ‘Encontro entre culturas diferentes’.

Experiencia colectiva de creación exprés

Coordinada por Santiago Cortegoso, os e as profesionais convidados xerarán cadanseu bosquexo de proxecto dramatúrxico en pouco tempo, desde a liberdade creativa e formal e co seu estilo persoal. Logo, expoñerano de xeito rápido. Elixiranse mediante votación catro deles, a partir dos cales se formarán catro grupos de traballo para levalos a cabo durante a tarde. Finalmente, realizarase unha breve presentación (que non debe exceder os cinco minutos), que pode ser unha lectura dramatizada, unha pequena escena interpretada polos participantes, etc.

A participación nesta actividade será libre e de balde, previa inscrición. A xornada co público (máx. 20 persoas) desenvolverase en horario de tarde, de 16.30 a 19.30 horas. Desfrutádea!

Organiza: Escena Galega
Colabora: AC Telón e Aparte

Programación FIOT28 (Actividades paralelas)

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4