Inicio Carballo ao día Axenda O XiriaPop volve cargado de música e cun...

O XiriaPop volve cargado de música e cun libro baixo o brazo

Do venres 13 de setembro ata o sábado 14 de setembro do 2019 A partir das 20:30 horas - Casino 1889/Sala Dublin Cultura

A mellor música pop e rock do momento volverá a darse cita esta fin de semana na sala Dublin, que abrirá as súas portas para acoller a celebración do XXII Xiria Pop, consolidado xa como un dos referentes do circuíto alternativo de festivais nacionais.

A banda inglesa Billy Bremner's Rockfiles será a encargada de encabezar un cartel de luxo no que non faltarán grupos locais, galegos, nacionais e, por suposto, internacionais. A primeira noite tamén subirá ao escenario o grupo barcelonés The Surfin Burritos, ao que seguirá o mítico grupo dos 80 La Granja (Mallorca) e os vigueses Basanta. O sábado 14 completarán o programa Gutara Kyo (Xapón), La Secta (Bilbao), Superser (Cedeira) e DJ Isaac Peces.

As persoas interesadas en acudir poderán mercar o seu bono para os dous días polo módico prezo de 15 € ou ben a entrada diaria, que se porá á venda a 10€. 

Presentación literaria

Ademais, esta ano o festival chegará cun libro baixo o brazo, o do xornalista e escritor carballés Xurxo Chapela. Mudanza, que así se chama o seu último traballo, será presentado este venres, ás 20:30 horas, no Casino 1889 como prólogo á programación nocturna do XiriaPop. Acompañando ao autor estarán tamén a xornalista e columnista Ana Cermeño e Paco Macías, de edicións Positivas. A música será cousa do grupo local Chicharrón. Todo de balde!

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D