Inicio Carballo ao día Axenda Libros, música e un obradoiro infantil na...

Libros, música e un obradoiro infantil na segunda xornada da Praza dos Libros

Venres 12 de xullo do 2019 Todo o día - Xardín Municipal Cultura

A música e as actividades infantís centrarán boa parte da programación prevista para a segunda xornada da Praza dos Libros. Estas son as citas do día:

  • 12.00h. Presentación do libro "Cociñando con bolboretas no bandullo", de Diana Fernández e David Díaz. A continuación, haberá un obradoiro para a cativada titulado "Non podo vivir sen voar: quero bolboretas no bandullo". Prazas limitadas.
  • 18.30h. Concerto-presentación de "Canta miña pedra, canta: homenaxe a Antonio Fraguas" e "A casa do terror", de Xoán Curiel e a Banda do Verán dirixido ao público infantil.
  • 20.00h. Presentación do libro "Infamia", de Ledicia Costas. A escritora carballesa Rosalía Fernández Rial será a encargada de conducir o acto.
  • 21.00h. Presentación de "Unha historia da Música en Galicia 1952-2018", de Fernando Fernández Rego, con intro musical de Juanjo Vales e Andrés Rey. Presenta Francisco Castro. (Curruncho Pop)

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D