Noites de cine en Sísamo
Xoves 11 de xullo do 2019 22:30 horas - Sísamo Cultura
O ciclo Noites de cine viaxará ata Sísamo para ofrecer aos máis pequenos/as da casa unha divertida película de animación e aventuras que os deixará coa boca aberta. Acción, superheroes e milleiros de pezas de construción de xoguetes farán que pasedes unha inesquecible velada en familia. Non vola perdades!
Público: Todos os públicos
Duración: 104'
Organiza: Concellería de Cultura
Colabora: AV Santiago Apóstolo