Inicio Carballo ao día Axenda Microconferencias sobre arte urbana no Rexenera...

Microconferencias sobre arte urbana no Rexenera Fest

Sábado 8 de xuño do 2019 De 17:00 a 20:00 horas - Auditorio Fórum Carballo Cultura

Dentro do Festival Internacional de Arte Pública de Carballo, a tarde do sábado 8 terá lugar un ciclo de conferencias no que catro convidados de luxo, pertencentes a catro organizacións e eventos relacionadas coa arte urbana contemporánea, compartirán as súas experiencias co público, relatando a súa filosofía e traxectoria, coa intención de que sirva como foro para compartir experiencias e reflexionar sobre as distintas derivas que se están a levar a cabo no mesmo eido dende distintos puntos de vista. 

Cada un dos/as poñentes falarannos de cadanseu proxecto nun formato de microconferencia, de 25-40 minutos cada un. A continuación, abrirase un tempo de debate no que o público asistente poderá formular as preguntas que considere oportunas. Relatores: Festival Parees de Oviedo (Asturias)/Polígon/ Urvanity Projects/Miau Fanzara (Museo Inacabado de Arte Urbano) do Concello de Fanzara en Castellón.  Máis información en www.rexenerafest.gal.

Público: Todos os públicos
Entrada: Libre e de balde
Organiza: Concello de Carballo
Colabora: Deputación da Coruña

Rexenera Fest 2019

Compartir:


- 2019 +
- Xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
3