Inicio Carballo ao día Axenda "Ghost Hunting" abrirá o ciclo...

"Ghost Hunting" abrirá o ciclo de cinema árabe Amal en ruta Carballo

Xoves 17 de xaneiro do 2019 20:30 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Despois do éxito da pasada edición, con máis de 400 espectadores, o ciclo de cinema euroárabe Amal en ruta, organizado polo Concello de Carballo e a Fundación Araguaney-Ponte de Culturas,  volve a facer parada en Carballo, do 17 ao 31 de xaneiro, para continuar achegando a sociedade árabe a Galicia, rachando cos estereotipos e ofrecendo unha visión ampla e multidimensional desta cultura tan heteroxénea. 

Nesta ocasión, Amal en ruta Carballo traeranos un resumo da última edición da Semana de Cinema Euroárabe Amal, celebrada no Teatro Principal de Santiago de Compostela o pasado mes de outubro. O ciclo constará de catro ficcións e dous documentais –cintas en versión orixinal subtituladas en castelán–, que supoñen un percorrido polo mellor cinema árabe da actualidade. A primeira proxección terá lugar o vindeiro xoves 17 e corresponderá ao documental "Ghost Hunting", do director Raed Andoni, gañadora do Premio ao Mellor Documental no Festival de Berlin 2017. 

Sinopse: O director Raed Andoni reúne a un grupo ecléctico de ex presos palestinos para reconstruír o centro de investigación israelí no que todos foron encarcelados. Como sempre estaban cos ollos vendados, ningún deles sabe en realidade o que aquel lugar realmente parecía.

Entrada: Libre e de balde
Duración: 94 min
Organiza: Concello de Carballo e Fundación Araguaney-Ponte de Culturas

CICLO AMAL EN RUTA

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D