Inicio Carballo ao día Axenda Obradoiro aberto ao público cos artistas...

Obradoiro aberto ao público cos artistas da Residencia Paraíso

Sábado 17 de novembro do 2018 11.00 a 14.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Os artistas da Residencia Paraíso que se desenvolve no Pazo da Cultura, Federico Vladimir Strate e Pablo Esbert, propóñennos un obradoiro no que poñer en práctica algunhas das ideas que estan desenvolvendo para o seu proxecto Hydra

¨Neste práctica aberta traballaremos coa voz, o movemento e a improvisación. A partir de contextos narrativos (por exemplo, unha comida familiar, a tripulación dun barco) exploraremos formas de "estar xuntos", como funciona un grupo ou unha comunidade. Para iso daremos unhas pautas sinxelas de voz e movemento (por exemplo, cada vez que un intérprete di unha frase, o resto do grupo ten que repetila). Estas pautas sinxelas fan que todo tome un carácter surreal e ficticio, pero reforzan a observación e o sentido de grupo¨, explican.

O obradoiro, de acceso libre, será impartido por Pablo Esbert (músico e coreógrafo), Federico Strate (artista visual), Janet Novas (coreógrafa) e Félix Fernández (artista visual). 

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4