Inicio Carballo ao día Axenda Caramuxo Teatro achega un novo espectáculo...

Caramuxo Teatro achega un novo espectáculo para bebés

Mércores 17 de outubro do 2018 18:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de todos os tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a benvida ao lugar onde vivirán para sempre.

Zapatos
narra todas as historias que levan dentro os zapatos grazas aos amigos/as de Caramuxo Teatro, unha compañía de teatro infantil e familar, dirixida por Juan Rodríguez e Laura Sarasola, especializada na creación de espectáculos poéticos e visuais para bebés, nos que non faltan os títeres, a danza e, por suposto, o teatro de actor.
   
Se queres pasar unha tarde divertida xunto aos máis pequenos da casa, vén a recoller os teus convites desde hoxe mesmo, mércores 10, ás 10:30 horas. Lembra que, como sempre, daremos como máximo a metade de convites (30) antes das 16:00 h, para que todos/as teñades a oportunidade de recoller o voso.

Cada neno/a poderá entrar acompañado dun adulto como máximo, podendo recoller cada un ata dous convites, para que así poidan acceder 2 bebés cos seus correspondentes acompañantes.

Esta función está incluída no programa de animación á lectura Ler conta moito.

Público: Nenos/as de 0-3 anos
Entrada: De balde. Imprescindible reservar convite
Organiza: Concellería de Cultura

Programación #biblionízate

Compartir:


- 2024 +
- Marzo +
L
M
M
X
V
S
D